Sede electrónica Concello de Ponteceso

17:23:42 Domingo 23 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira

O procedemento de "Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira" regula a obriga de presentar nas oficinas municipais unha comunicación previa por escrito antes do comezo das actividades. Isto farase sen prexuízo da necesaria obtención, con carácter previo, doutros permisos ou autorizacións que sexan necesarios conforme á normativa vixente.

O escrito de comunicación previa deberá presentarse nas oficinas municipais con 10 días hábiles de antelación á data prevista para o inicio dos traballos.

Persoas físicas e/ou xurídicas que desexen realizar unha Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira.
  • Autorización da Xunta de Galicia. Autorización para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
  • Plano de situación. Plano detallando a localización xeográfica onde se realizará a corta, e zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria. Plano indicativo das zonas elixidas para depósito da madeira.
  • Fotocopia do Seguro de Responsabilidade Civil
  • Xustificante do Depósito da Garantía
  • GARANTIA: para responder das obrigas establecidas na ordenanza o madeireiro deberá depositar garantía a prol do Concello, podendo optar por constituila por medio dun depósito en metálico por cada comunicación previa tramitada ou ben realizar un único depósito en metálico polo importe alzado de 6.000,00 euros (neste caso o depósito terá unha duración de 1 ano).
  • Reportaxe fotográfica do estado actual dos camiños a día da presentación da comunicación previa.

*No caso de optarse por presentar unha garantía por cada comunicación previa presentada, os servizos técnicos municipais, á vista do escrito de comunicación previa e da documentación sinalada emitirán un informe, no prazo de 10 días hábiles a contar desde o seguinte ao da súa presentación, onde concretarán o importe da garantía que deberá depositar o madeireiro, en función das características das operacións a realizar.

Nome: Comunicación Previa para a Talla e Saca de Madeira.

Unidade tramitadora: Medio Ambiente.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza reguladora do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.