Sede electrónica Concello de Ponteceso

19:16:28 Domingo 23 de febreiro 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de carácter social

O procedemento de "solicitude de servizo de carácter social" ten por obxecto mellorar as condicións de vida e convivencia da cidadanía a través de servizos sociais, atendendo así as necesidades e problemática que lles afectan aos cidadáns e ás cidadás do Concello.

O cidadán poderá escoller o tipo de servizo que necesita: Solicitude de Teleasistencia, Solicitude de Axuda á Dependencia, Solicitude de Renta de Inclusión Social de Galicia, Solicitude de Axuda de Inclusión Social, Axuda de Emerxencia Social municipal, Outras atencións/servizos (indicando cales).

Calquera persoa física ou xurídica que desexe solicitar o servizo de carácter social.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de servizo de carácter social.

Consultar a Normativa específica oU Consultar co Concello.

Nome: Solicitude de servizo de carácter social.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.