Convocatoria e bases para a creación dunha bolsa de emprego de técnicos/as de Medio Ambiente
EXP: 2022/G003/000484
Pola resolución de Alcaldía núm. 460/2022, de data 28 de xuño de 2022, resolveuse convocar o proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego de funcionarios/as interinos/as, na categoría de técnico/a de grao medio, Subgrupo A2, para a prestación do programa “Actuacións municipais na área de Medio Ambiente” e aprobar as correspondentes bases específicas. O que se publica para que os interesados/as presenten no prazo de DEZ (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, as súas solicitudes de participación.