Convocatoria elección xuíz/a paz titular
EXP: 2023/G006/000007
No BOP núm. 62 do 30-03-2023 faise pública a convocatoria para elixir xuíz/a de paz titular do Concello de Ponteceso. Os/as interesados/as en participar presentarán a correspondente solicitude, dirixida á Alcaldía, no Rexistro Xeral das oficinas municipais, en horario de atención ao público (de 09:00 a 14:00 h) ou no rexistro electrónico desta administración (https://sede.ponteceso.gal), no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse en calquera dos outros lugares que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.