PES 2023-2024: Aprobación listaxe provisional admitidos/as e excluidos/as
EXP: 2023/G003/000300
Dáse publicidade á resolución de Alcaldía núm. 286 do 11-04-2023, mediante a que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos que participarán no proceso selectivo para a formación do Plan de Emprego Social 2023-2024 do Concello de Ponteceso.
Concédese ás persoas excluídas un prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, para emendar os defectos que motivaron a súa exclusión.