Padrón fiscal 2023 taxa prestación servizo RESIDUOS SOLIDOS URBANOS: Aprobación inicial
EXP: 2023/X999/000192
Exponse ao público, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación do edicto correspondente no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 70 de 13-04-2023), a aprobación inicial do padrón fiscal da taxa pola prestación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos correspondente ao exercicio 2023, servindo de notificación colectiva a todos os contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.