Proceso selectivo "Servizo de Limpeza de Praias 2024"
EXP: 2024/G003/000432
Pola resolución de Alcaldía núm. 414/2024, de data 15 de maio de 2024, resolveuse convocar o proceso selectivo e aprobar as bases para a contratación de persoal laboral temporal a tempo completo para o SERVIZO DE LIMPEZA DE PRAIAS 2024 financiado polo Deputación da Coruña dentro do programa MA 100/2024, así como para a formación dunha bolsa de emprego. As persoas interesadas dispoñen dun prazo de DEZ DÍAS HÁBILES (10), contados desde o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP (núm. 98 do 22-05-2024) para presentar as súas solicitudes de participación.