Modificación de crédito núm. 5/2024: Aprobación definitiva
EXP: 2024/T002/000005
Rematado o prazo de exposición ao público do acordo do Pleno do Concello de Ponteceso de data 10 de maio de 2024, de aprobación inicial do expediente de transferencia de crédito TC 05/2024 do orzamento municipal para o exercicio 2024, publicado no BOP nº 99, de data 23 de maio de 2024, sen que se presentasen reclamacións, enténdese elevado o acordo a definitivo, conforme ao disposto no artigo 179 en relación co 169 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004 do 5 de marzo (BOP núm.128 do 04-07-2024)