Aprobación inicial modificación de créditos nº 18/2024 mediante crédito extraordinario
EXP: 2024/T002/000009
O Pleno do Concello de Ponteceso, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de outubro de 2024, aprobou inicialmente a modificación de créditos núm. 18/2024 sobre o Orzamento Municipal correspondente ao exercicio 2024, de aprobación dun Crédito Extraordinario (Expte. CE 3/2024), por un importe total de 195.355,63 €. O devandito expediente permanecerá exposto ao público, durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP núm. 195 do 09-10-2024) e no taboleiro de edictos do Concello, a efectos da presentación de reclamacións ante o Pleno.