Proceso selectivo Operario de Obras e Servizos: Listaxe provisional de admitidos e excluídos
EXP: 2025/G003/000016
Pola resolución de Alcaldía núm. 13/2025 do 15-01-2025 procedeuse á aprobación da lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a provisión dunha praza de persoal laboral fixo de operario de Obras e Servizos, incluída na OEP 2024 do Concello de Ponteceso. As persoas excluídas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, para emendar, de ser o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión ou para presentar as reclamacións oportunas, conforme ao disposto na base 5ª. Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso, non consten nin como admitidas nin como excluídas na listaxe publicada.