Proceso selectivo "Bolsa de traballadores sociais": Listaxe provisional de admitidos e excluídos
EXP: 2025/G003/000040
Con data do 28-01-2025 ditouse a resolución de Alcaldía núm. 35 pola que se aproba a listaxe provisional de admitidos e excluídos que participarán no proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballadores sociais. Na mesma outórgase ás persoas excluídas un prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal, para emendar os erros que motivaron a súa exclusión.