Anuncio EDP RENOVABLES LIMPEZA DE FINCAS PARQUE EÓLICO DE CORME
EXP: 2025/X006/000030
Anuncio de notificación de procedemento de orde de execución relativo á xestión da biomasa nos espazos definidos como redes primarias de faixas, para que no prazo de quince (15) días desde a súa publicación, os propietarios dos terreos que se relacionan no mesmo poidan executalas previamente, no caso de estar interesados. No caso de que o propietario do terreo non executase a xestión da biomasa e non lle conceda permiso ao titular da instalación para realizar esta xestión, a persoa titular da instalación deberá comunicalo ao órgano competente en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais para a adopción das medidas oportunas, segundo o previsto no artigo 22, por ser de interese xeral evitar a xeración e a propagación de incendios forestais.