Corrección de las bases Ponte-Cedo 2025-2026 (Madrugadores)
EXP: 2025/G003/000631
Pola resolución de Alcaldía número 561/2025, de data 9 de xullo de 2025, aprobáronse as “Bases da convocatoria do programa “Ponte-cedo: Servizo de apoio a familias madrugadoras do Concello de Ponteceso 2025-2026”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia, núm. 133, de data 15/07/2025 e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal da mesma data. Detectados uns erros nas bases 1ª, 2ª, 8ª e 11ª, así como no encabezamento dos anexos I e III ditouse a resolución da Alcaldía núm. 591/2025, do 18/07/2025, pola que se efectuou a oportuna corrección, establecéndose, ademais, que se procede a dar a correspondente publicidade.