Bases adxudicación de dúas vivendas sociais municipais, en réxime de alugueiro
EXP: 2025/X998/000024
Pola resolución de Alcaldía núm. 741/2025, do 17 de setembro de 2025, aprobouse a modificación das bases que han de rexer o concurso para a adxudicación de dúas vivendas sociais municipais, sitas no edificio anexo ás escolas, antigas vivendas dos mestres, en réxime de alugueiro.
Os interesados dispoñen dun prazo de un (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, acontecida o 24-09-2025, para presentar as solicitudes.