Aprobación inicial Modificación Orzamentaria 06/2026, MEDIANTE CREDITO EXTRAORDINARIO 1/2026
EXP: 2026/T002/000006
O Pleno deste Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de maio de 2026, aprobou inicialmente a modificación de créditos núm. 6/2026 sobre o Orzamento do Concello de Ponteceso correspondente ao exercicio 2026, de aprobación dun Crédito Extraordinario (Expte. CE 1/2026), por un importe total de 10.132,61 €. O devandito expediente permanecerá exposto ao público, durante o prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello, aos efectos da presentación de reclamacións.