Sede electrónica Concello de Ponteceso

02:09:03 Domingo 15 de xuño 2025
Estás en:

Detalle trámite

Declaración responsable de Cachelas

O procedemento de "declaración responsable cachelas" permite presentar nas oficinas municipais a aceptación do cumprimento dos condicionantes que o  Concello impón para a realización desta actividade, así como de que exista constancia  dos lugares e hora nos que se realizan nas festividades de San Xoán e San Pedro.

  • Por vía telemática, a través do rexistro electrónico municipal en onde poderá atopar a declaración responsable específica, a través dos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
  • De forma presencial, no Rexistro Xeral do Concello, onde lle facilitarán a declaración responsable específica que debe cubrir.

O Prazo de presentación e ata o 28 de Xuño de 2025.

Nome: Declaración responsable Cachelas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoas físicas.

Canles de atención: Telemática

                                        Presencial.