Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio de Ponteceso en a realización do programa anual de actividade durante o ano 2024, así como contribuír ao mantemento da entidade.
Con estas subvencións o Concello de Ponteceso pretende contribuír á promoción da Cultura e do tecido asociativo de carácter cultural e á potenciación do seu papel no desenvolvemento cultural e na dinamización do territorio, así como favorecer o acceso á cultura dos cidadáns de Ponteceso promovendo a organización e realización de actividades culturais.
Ademais da subvención aos programas culturais, esta tamén se dirixe a outros ámbitos de actuación como o propio mantemento e xestión das asociacións e dos seus locais sociais.
Poderán solicitar estas subvencións as entidades de natureza esencialmente cultural xuridicamente constituídas, que estean rexistradas e activas no Concello de Ponteceso con anterioridade ao 1 de agosto de 2024, sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos:
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
O prazo de presentación de solicitudes e do 1 al 22 de outubro de 2024.
Nome: Solicitude de subvencións competitivas a entidades culturais sen ánimo de lucro para o 2024.
Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).