Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas entidades deportivas do municipio de Ponteceso na realización do programa anual de actividade deportiva durante o ano 2024, así como contribuír ao mantemento da entidade.
Con estas subvencións o Concello de Ponteceso pretende contribuír á promoción do deporte e do tecido asociativo de carácter deportivo e á potenciación do seu papel no desenvolvemento deportivo e na dinamización do territorio, así como favorecer o acceso ao deporte dos cidadáns de Ponteceso promovendo a organización e realización de actividades deportivas.
Poderán solicitar estas subvencións as entidades de natureza esencialmente deportiva xuridicamente constituídas, que estean rexistradas e activas no Concello de Ponteceso con anterioridade ao 1 de agosto do 2024, sempre que cumpran ademais os seguintes requisitos:
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
O prazo de presentación de solicitudes e do 2 de outubro ata o 4 de novembro de 2024.
O prazo de xustificación remata o
Deberá realizarse mediante o procedemento de Achega de Documentación coa seguinte documentación:
Nome: Solicitude de subvencións competitivas a entidades deportivas sen ánimo de lucro para o 2024.
Unidade tramitadora: Cultura e Deportes.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Alcaldía.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).