Sede electrónica Concello de Ponteceso

23:15:32 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición en actividades de conciliación

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes actividades de conciliación xestionadas por cada corporación municipal.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.
  • Acreditación da identidade e parentesco. Copia dos seguintes documentos: DNI dos suxeitos que se van inscribir; libro de familia; DNI dos representantes.
  • Tarxeta da Seguridade Social. Copia da tarxeta da Seguridade Social dos suxeitos que se van inscribir na actividade.
  • Fotografías. Fotografías recentes dos suxeitos a inscribir na actividade.
  • Acreditación da residencia/Certificado de empadroamento. Copia dos documentos acreditativos da residencia/empadroamento no municipio no cal se realiza a actividade de conciliación.

Para o servizo de madrugadores "PONTE-CEDO":

Nome: Solicitude de inscrición en actividades de conciliación.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.