Sede electrónica Concello de Ponteceso

20:11:15 Sábado 23 de setembro 2023
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvencións deportivas e culturais 2022

Culturais

Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas asociacións culturais do municipio de Ponteceso na realización do programa anual de actividade durante o ano 2022, así como contribuír ao mantemento da entidade (Bases Cultura).

Deportivas

Estas subvencións teñen por obxecto colaborar coas entidades deportivas do municipio de
Ponteceso na realización do programa anual de actividade deportiva durante o ano 2022, así como contribuír ao mantemento da entidade (Bases Deportivas).

Prazo de presentación das solicitudes: do 8 de xuño ao 8 de xullo.

Prazo de xustificación das subvencións: do 4 de novembro ao 31 de marzo de 2023.

As solicitudes presentaranse preferiblemente a través da sede electrónica polo procedemento de aportación de documentación

A través de medios electrónicos, conforme establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

FASE XUSTIFICACIÓN: O prazo de presentación dos xustificantes rematará improrrogablemente o 31 de marzo de 2023.

  • Anexo IV (solicitude de anticipo); este anexo é común a cultura e deportes.
  • Documentación xustificativa Cultura (9.2 das bases): anexo II y anexo III ....a maiores deben anexar documentación acreditativa da actividade (carteis, fotografías...) e facturas e pagamentos.
  • Documentación xustificativa Deportes (9.2 das bases): anexo II y anexo III ....a maiores deben anexar documentación acreditativa da actividade (carteis, fotografías...) e facturas e pagamentos

Nome: Solicitude de subvencións deportivas e culturais 2022.

Inicio do procedimento: A Instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).