A “Solicitude de uso para o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte” ten por obxecto as xestión das solicitudes de eventos que se poidan desenvolver no centro, tales coma exposicións temporais, certames, charlas, coloquios, etc.
A “Solicitude de visita en grupo para o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte” ten por obxecto a xestión das solicitudes de realización, tanto de actividades encamiñadas aos escolares e estudantes, coma de visitas guiadas de grupos.
Calquera persoa física ou xurídica que solicita a realización de visitas guiadas e actividades escolares, ou o uso de espazos no Museo para eventos culturais.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática podrá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impresos normalizados para presentar.
IMPORTANTE: no caso de solicitar inscripción para a realización de visitas por parte de entidades ou organizacións, será obrigatoria a canle telemática, tendo a disposición o formulario que consta no apartado inferior. No caso de solicitude de usos no museo por parte de entidades ou organizacións, deberase adxuntar unha acreditación de representatividade de pertenza ao mesmo.
Nome: Solicitudes para o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.
Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal no apartado Normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.